WOD TRB do 1 de decembro de 2021

Arrancamos co derradeiro mes do ano cun pouco de mobilidade e traballo de flexións e zona media como o que fixemos o 22 de xullo de 2020. 🧘 🤸

WOD TRB 1.12.2021

Mobilidade, flexións e ximnasia

1. Tabata de reloxos (reloxo en prancha, reloxos en posición supina coas pernas; aguantar as posicións nos descansos).

2. Tabata de flexibilidade (patadas).

3. “Canción” de flexións (estrofas e retrouso explorando variantes deste exercicio).

4. Pinchacarneiros.

WOD TRB do 24 de novembro de 2021

WOD TRB 24.11.2021

AMRAP 20′ por equipos de dúas persoas

Mentres unha persoa fai I/V a Villa Argelia, a outra:
9 Flexións
21 Zancadas atrás
15 Abdominais

Houbo algo de controversia cos resultados hoxe. Haberá que gravar os WODs e pedir o VAR se é preciso, ou impugnar o WOD e repetilo. x) Bo traballo en calquera caso.

WOD TRB do 17 de novembro de 2021

Hoxe repetimos o WOD que fixemos a distancia (polas restriccións) o día 13 de novembro do ano pasado e uns días despois presencialmente.

¿Lembrades os resultados do ano pasado?

Podedes empezar só aspirando a 5 rondas ou a un 20′ AMRAP. Concentrádevos na técnica.

WOD TRB 17.11.2021

8 Rondas:

8 Agachamentos
8 Zancadas cara adiante
8 Zancadas cara atrás
8 Dislocacións con pau ou goma en posición de supermán
8 Vs ou agrupados
8 Flexións
8 Limpaparabrisas con pernas arriba
8 Burpees

Aquí a profe probándoo o ano pasado: