WOD TRB do 6 de xuño de 2022

Facemos unha serie de EMOMs para celebrar que xa non temos maniotas de Murph. 😀

WOD TRB 6.6.2022

4 EMOM de 4′ cada un cun minuto de descanso cada un

EMOM 4′
10 Vela-pinchacarneiro-salto (candlestick-roll-jump)

1′ Descanso

EMOM 4′
10 Comandos con pés en neumático vertical

1′ Descanso

EMOM 4′
8/15 Flexións (push-up)

1′ Descanso

EMOM 4′
15-30 Hollow rock [Fóiseme a man cos números na imaxe]

WOD TRB do 30 de maio de 2022

O último luns de maio de cada ano celébrase o Día de Murph. Un día no que se rememora a figura do soldado estadounidense caído en combate Michael P. Murphy facendo un WOD adicado a el.

En Tenorio Rural Bootcamp, como non dispoñemos de estruturas para colgarnos e facer dominadas (“pull ups” ou flexións colgantes de brazos), adaptámolo ás nosas circunstancias e facemos o Murph TRB. O WOD de 2022 difire lixeiramente do que fixemos en 2021.

Un brindis con auga á súa memoria e á nosa saúde. 🥤

Abaixo deixamos imaxes do que deu de si a nosa xornada.

WOD TRB 30.5.2022

Murph TRB

Ida e volta á mercería x 2

A repartir como se prefira:

100 Flexións / Press con neumático
200 Abdominais
300 Agachamentos

Ida e volta á mercería x 2

Michael P. Murphy
Michael P. Murphy

WOD TRB do 6 de maio de 2022

Hoxe é por parellas / equipos 👫 Repetimos o WOD do 4 de febreiro deste ano.

WOD TRB 06.05.2022 (Compárese con 04.02.2022)

Por equipos

Ir a Villa Argelia, ó Centro Sociocultural e volta

50 Burpees
50 Flexións
50 Abdominais
50 Zancadas saltadas

Ir a Villa Argelia, ó Centro Sociocultural e volta

*Mentres unha persoa traballa, a(s) outra(s) están en agachamento.

Resultados do 6.5.22

(Sen aguantar en agachamento)

Resultados do 4.2.22

WOD TRB do 25 de abril de 2022

Hoxe facemos progresións para verticais. 🤸

WOD TRB 25.04.2022

Tabata activador: Burpees / Vela-rolo-salto / Metrónomos / Can-can

Tabata con bandas elásticas: Ts / 1/2Ys / “Sen cartos” no chan / Dislocacións

Quecemento de pulsos

Tabata de progresións a vertical: Subir e baixar de cara á parede ata formar 90º (alternando pernas) / Aguantar a 90º / Manterse en pino de cara á parede cunha perna a 90º /coa outra

Baile da goma