V Marcha contra o Cancro Pontevedra 2023

O domingo 8 de outubro de 2023, moitos membros de Tenorio Rural Bootcamp e moitas persoas amigas participamos na quinta edición da Marcha contra o Cancro de Pontevedra, organizada pola Asociación Española contra el Cáncer.

Tratábase da nosa segunda carreira popular como asociación, e aínda que tentamos volver a acadar o premio ó grupo máis numeroso, a ANPA do colexio de Marcón eo a Academia Naval de Marín superáronnos en número.

Con todo, participamos e superamos a proba con moita ledicia, fraternidade e espírito de superación sabendo que apoiábamos unha boa causa: promover a investigación contra o cancro para que este tipo de enfermidade sexa cada vez menos letal en todas as súas variantes.

Agradecemos moito a iniciativa e, sobre todo, a participación de todas as persoas que marcharon ou correron neste evento co equipo de Tenorio Rural Bootcamp. 💞

A continuación, fotografías e vídeos que se tomaron durante a proba para inmortalizar o momento:

Fotos tomadas por nós

Fotos do Diario de Pontevedra e Pontevedra Viva

Vídeos

Velaquí un pequeno videoclip que resume a nosa participación na V Marcha contra el Cáncer de Pontevedra 2023:

¡Grazas por participar!

Próximas actividades en Tenorio Rural Bootcamp

Aínda non é de todo oficial porque estamos pendentes da inscrición no rexistro autonómico de asociacións, pero agora… ¡Tenorio Rural Bootcamp é unha asociación!

Continuamos cos nosos adestramentos e seguimos organizando actividades variadas. As que temos programadas para proximamente son as seguintes:

Iniciación ó paddle surf

*PRAZAS ESGOTADAS*

O venres 30 de xuño de 2023, a partir das 17 horas, iniciarémonos no paddle surf da man de Baybaysurf no río Lérez nunha praia fluvial aínda por determinar.

O prezo é de 13 EUR para socios e menores de idade. 25 EUR para adultos non socios.

Plogging

O sábado 1 de xullo pola tarde faremos unha camiñada que inclúe recollida de lixo dende Tenorio ata a piscina fluvial de Cabanelas (Viascón).

Saímos ás 17 horas dende a sede do bootcamp pasando polo mosteiro.

A participación é de balde e aberta a persoas asociadas e non asociadas. As bolsas, luvas e algún refrixerio corren a cargo da asociación, pero se alguén quere facer algunha doazón, sempre é benvida. 😊

¡Non esquezades o bañador para a piscina fluvial!

ℹ Máis información e apuntarse.

II Carreira da Muller Pontevedra 2023

O domingo 7 de maio de 2023, as reclutas de Tenorio Rural Bootcamp e moitas amigas participamos na segunda edición da Carreira da Muller de Pontevedra, organizada polo Diario de Pontevedra a través da súa agrupación deportiva HQR!

Foi un evento memorable para Tenorio Rural Bootcamp como entidade e como grupo de persoas, pois non só gañamos o trofeo da carreira ó club máis numeroso, senón tamén por que supuxo unha xornada de sororidade, superación e ledicia entre as participantes.

Agradecemos moito a iniciativa porque ademais o recadado polas inscricións vai destinado á loita contra o cancro de mama.

E, sobre todo, agradecemos ás mulleres que se animaron a participar na carreira con Tenorio Rural Bootcamp e tamén ós homes que nos acompañaron nesa xornada. 💞

A continuación, fotografías e vídeos que se tomaron durante o evento para inmortalizar o momento:

Fotos tomadas por nós

Fotos do Diario de Pontevedra

Vídeos

Velaquí un pequeno videoclip con algunhas fotografías e vídeos que resumen a nosa participación no evento:

Aviso a reclutas actuais e potenciais

A pesar das circunstancias, onte foi outro gran día en Tenorio Rural Bootcamp. ❤️🏋‍♀️🏋‍♂️

A nosa adestradora está de baixa indefinida dende o 1 de xullo porque se descubriu que padece un cangro, pero dende entón achegouse varias veces a botarlles unha ollada ós nosos adestramentos, que agora facemos por libre.

Onte reunímonos antes da súa viaxe a Madrid para tratar alí a súa doenza e así volver reunirnos pronto con aínda máis forza. 💪🏼

¡Coidádevos! ¡Coidémonos! 🙌🏼

📹 Graciñas, Josefina, polo vídeo e o traballo de brazo 😉👌🏼.

WOD TRB do 11 de xullo de 2022

Por “San Benitiño Day” repetimos o noso primeiro WOD con “sorpresa”, o do 21.9.20, e rematamos co xa famoso “Baile da goma”.

WOD TRB 11.7.2020 (compárese co 21.9.2020)

“Milla longa”

Correr ata “Villa Argelia” (320 m)
10 Burpees
Correr ata “Villa Argelia” (320 m)
10 Agachamentos
Correr ata “Villa Argelia” (320 m)
10 Flexións
Correr ata “Villa Argelia” (320 m)
10 Abdominais
Correr ata “Villa Argelia” (320 m)

Sorpresa