WOD TRB do 13 de setembro de 2021

Hoxe celebramos o “Edu Day“, que en principio é o día 15 de setembro, pero desta ocasión celebrámolo hoxe. 🎂 ¡Felicidades ó noso recluta Edu!

Este WOD está baseado no WOD heroico “Edward Day“, dedicado polo box 555 Fitness ó bombeiro Edward Day, falecido como consecuencia dos atentados do 11 de setembro de 2001 en Nova Iorque.

WOD TRB 13.9.2021

Por tempo

150 Dobres combas ou 300 simples
100 Abdominais
50 Thrusters con neumático
36 Burpees

Clase maxistral con Álvaro Montesinos o venres 3 de setembro

O venres 3 de setembro ás 20 horas teremos a fortuna de contar co exseleccionador nacional de ximnasia artística masculina e ximnasta olímpico en Seúl 1988 Álvaro Montesinos para impartir unha clase maxistral de ximnasia artística.

Faremos un quecemento xeral para elementos ximnásticos e outros máis específicos para practicar seguidamente rolos adiante e verticais (pinos 🤸🌲).

Para a xente apuntada ó bootcamp non ten custo adicional. Se alguén de fóra do bootcamp quere participar, pode pedir información por mensaxe privada.

¡Vémonos! 🙌🏼

WOD TRB do 30 de agosto de 2021

Este WOD heroico está dedicado ó policía Christopher Mark Goodell, do pobo de Waldwick, Nova Jersey (Estados Unidos), que morreu o 17 de xullo de 2014 nun accidente de tráfico.

O nome do WOD é “Hey Buddy“.

WOD TRB 30.8.2021

“Hey Buddy”

Ida e volta á Villa Argelia

5 Rondas de:
10 Zancadas
10 Agachamentos
10 Abdominais bolboreta
8 Burpees

Ida e volta á Villa Argelia