O venres 3 de setembro ás 20 horas teremos a fortuna de contar co exseleccionador nacional de ximnasia artística masculina e ximnasta olímpico en Seúl 1988 Álvaro Montesinos para impartir unha clase maxistral de ximnasia artística.
Faremos un quecemento xeral para elementos ximnásticos e outros máis específicos para practicar seguidamente rolos adiante e verticais (pinos ).
Para a xente apuntada ó bootcamp non ten custo adicional. Se alguén de fóra do bootcamp quere participar, pode pedir información por mensaxe privada.
¡Vémonos! 🙌🏼

