Outro ano máis, as reclutas de Tenorio Rural Bootcamp e moitas amigas participamos na Carreira da Muller de Pontevedra, organizada polo Diario de Pontevedra a través da súa agrupación deportiva HQR! Foi o domingo 4 de maio.
A meteoroloxía non acompañaba: a choiva apenas concedeu treguas, e na edición de este ano, corríase ó solpor e de noite, polo que as circunstancias engadían un chisco máis de dificultade ós 5000 metros que tiñan que percorrer as nosas deportistas.
Precisamente por estas condicións desfavorables, algunhas decidiron non rematar ou non enfrontarse á carreira, pero as máis intrépidas correron por todas e pola causa (investigación do cancro) e, de novo, gañamos o trofeo da carreira ó club máis numeroso.
Agradecemos ás mulleres que se animaron a participar na carreira con Tenorio Rural Bootcamp e tamén ós homes que nos acompañaron nesta xornada.
A continuación, algunhas imaxes da nosa participación no evento:
Fotos tomadas por nós






Fotos do Diario de Pontevedra
Por Javier Cervera-Mercadillo.


