O domingo 7 de maio de 2023, as reclutas de Tenorio Rural Bootcamp e moitas amigas participamos na segunda edición da Carreira da Muller de Pontevedra, organizada polo Diario de Pontevedra a través da súa agrupación deportiva HQR!
Foi un evento memorable para Tenorio Rural Bootcamp como entidade e como grupo de persoas, pois non só gañamos o trofeo da carreira ó club máis numeroso, senón tamén por que supuxo unha xornada de sororidade, superación e ledicia entre as participantes.
Agradecemos moito a iniciativa porque ademais o recadado polas inscricións vai destinado á loita contra o cancro de mama.
E, sobre todo, agradecemos ás mulleres que se animaron a participar na carreira con Tenorio Rural Bootcamp e tamén ós homes que nos acompañaron nesa xornada.
A continuación, fotografías e vídeos que se tomaron durante o evento para inmortalizar o momento:
Fotos tomadas por nós
Fotos do Diario de Pontevedra






Vídeos
Velaquí un pequeno videoclip con algunhas fotografías e vídeos que resumen a nosa participación no evento:


































