Convocatoria de asemblea xeral ordinaria

Prezados/as membros da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp:

Pola presente notificación convócovos á asemblea xeral ordinaria da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp.

Tense previsto que dita asemblea se celebre o vindeiro 12 de maio (luns) ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, na sede da asociación: o noso lugar habitual de adestramentos, situado no lugar de Torrevella, número 10 da parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra.

Así mesmo, poderase participar conectándose por medios electrónicos (teléfono, mensaxería instantánea, videoconferencia) que permitan identificar ás persoas participantes.

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Memoria de actividades do ano 2024.
  3. Balance de ingresos e gastos de 2024 e o que levamos de 2025.
  4. Altas e baixas de membros da asociación.
  5. Votación da continuación / substitución de membros da xunta directiva.
  6. Orzamento para 2025 e votación de propostas para programar actividades.
  7. Rogos e preguntas.

Dados os temas para tratar, rógovos encarecidamente a vosa asistencia á asemblea, pois acordos adoptados obrigarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.

Se a alguén lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutra persoa membro da asociación expresándoo explicitamente de xeito que se poda corroborar a súa identidade.

Aproveito a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A presidenta 😊

Convocatoria de asemblea xeral ordinaria

Prezados/as membros:

Éme moi grato convocarvos á asemblea xeral ordinaria da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp.

Tense previsto que dita asemblea se celebre o vindeiro 22 de febreiro (xoves) ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, na sede da asociación: o noso lugar habitual de adestramentos situado no lugar de Torrevella, número 10 da parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra.

Así mesmo, poderase participar conectándose por medios electrónicos (teléfono, mensaxería instantánea, videoconferencia) que permitan identificar ás persoas participantes.

ORDE DO DÍA:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
  2. Memoria de actividades do ano 2023.
  3. Balance de ingresos e gastos de 2023.
  4. Altas e baixas de membros da asociación.
  5. Votación da continuación / substitución de membros da xunta directiva.
  6. Orzamento para 2024 e votación de propostas para programar actividades.
  7. Rogos e preguntas.

Dados os temas para tratar, prégovos encarecidamente que asistades á asemblea, pois os acordos adoptados afectarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.

Se a alguén lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutra persoa membro da asociación expresándoo explicitamente de xeito que se poida corroborar a súa identidade.

Aproveito a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.

A presidenta 😊

Aviso a reclutas actuais e potenciais

A pesar das circunstancias, onte foi outro gran día en Tenorio Rural Bootcamp. ❤️🏋‍♀️🏋‍♂️

A nosa adestradora está de baixa indefinida dende o 1 de xullo porque se descubriu que padece un cangro, pero dende entón achegouse varias veces a botarlles unha ollada ós nosos adestramentos, que agora facemos por libre.

Onte reunímonos antes da súa viaxe a Madrid para tratar alí a súa doenza e así volver reunirnos pronto con aínda máis forza. 💪🏼

¡Coidádevos! ¡Coidémonos! 🙌🏼

📹 Graciñas, Josefina, polo vídeo e o traballo de brazo 😉👌🏼.

Obligatoriedade da máscara en ximnasios de Galicia

Onte, día 9 de setembro, a Xunta decretou o uso obligatorio de máscaras hixiénicas durante a práctica deportiva en espazos pechados.

En principio, a actividade no noso campo estaría exenta desta obligatoriedade das máscaras. Deixámolo á vosa discreción. Se chove e temos que poñernos a cuberto, si teriamos que levala todas as persoas segundo as directrices.

En calquera caso, seguide lavando as mans con frecuencia e mantendo as distancias de seguridade, traede sempre a vosa propia toalla e/ou esterilla e seguide axudando a manter limpos os obxectos de uso común, por favor.

Graciñas.

Máis información:

Tenorio Rural Bootcamp é un espazo inclusivo

O noso é un espazo inclusivo onde celebramos a diversidade humana e todos os esforzos e logros.

Non buscamos desenvolver aparencias físicas determinadas, senón mellorar ou manter a nosa saúde e estado de forma aceptando os nosos corpos e capacidades en cada parte do proceso.

O resto do grupo está para acompañar, apoiar e motivar mentres cada persoa traballa nas súas propias loitas no que toque facer ese día no campo.

Día D

Hoxe foi o primeiro día oficial de actividade no Tenorio Rural Bootcamp. 🎉

A nosa primeira recruta, María GC, completou a súa instrución e xa está lista para incorporarse ós adestramentos regulares.

¡Parabéns, María!

Pola súa banda, o grupo de cadetes que se adestran coa instrutora coma esparrin celebraron que sobreviviron ó WOD inaugural.

De dereita a esquerda: Geli MF, Pablo MQ, Sonsoles MJ, Bárbara MF e a perna esquerda da instrutora asomando

WOD TRB 13.7.2020

15′ AMRAP

10 PUSH-UPS
20 ABS
30 SQUATS
40 BACK EXTENSIONS (cos pés los aferrados ó macuto)
PASEO CON MACUTO (andar/correr ata Villa Argelia, volver, coller pinza no tendal e regresar á base de operacións)

¡Vémonos o mércores!

¡Abrimos!

🖼️ Imaxe real do noso campo. 📷 Julia Márquez.

Graciñas por interesarte polas nosas actividades. O luns 13 de xullo abrimos oficialmente o noso bootcamp a nov@s recrutas. 🏃🏃‍♀️

Neste sitio web pódese obter máis información sobre esta forma de facer exercicio físico, quen dirixe a actividade, os horarios e prezos e outros datos que poden resultarche relevantes. Pode accederse a toda esa información por medio do menú de arriba. 👆

Esperamos que te unas á nosa tropa. 🙌