Hoxe tivemos un chisco de Walking Dead e tamén de Drácula, pero sobreviviu todo o mundo. Igual foi polo Jumping Jack Flash.

WOD TRB 20.7.2020
5 RONDAS DE 3′ ON E 1 OFF
30 Walking lunges
20 Dracula abs
10 Jumping Jacks
Máx. run
Hoxe tivemos un chisco de Walking Dead e tamén de Drácula, pero sobreviviu todo o mundo. Igual foi polo Jumping Jack Flash.

5 RONDAS DE 3′ ON E 1 OFF
30 Walking lunges
20 Dracula abs
10 Jumping Jacks
Máx. run
Aproveitando que todas as persoas apuntadas hoxe son practicamente convivintes, desenvolvemos a sesión en Penedique para aprender a usar unha estrutura de agachamentos e dominadas e fixemos o que sería o primeiro día do ciclo de forza coñecido como Smolov jr.
As participantes de hoxe fixeron 6 series de 6 repeticións de agachamentos co peso detrás (back squat) e logo probamos a ver se saían algunhas repes con máis peso.
Bo traballo! 💪
Hoxe tocan movementos de torso de xeitos variados. E macuto outra vez:

3 RONDAS DE:
Ir co macuto ata a cancela e deixalo alí apoiado. Volver en cuadrupedia (elefante).
10 Burpees
20 Metrónomos
30 Torsións de torso con brazos a 90° apertados
40 Squat
Ir buscar o macuto en cuadrupedia e volver con el.
Hoxe foi o primeiro día oficial de actividade no Tenorio Rural Bootcamp.
A nosa primeira recruta, María GC, completou a súa instrución e xa está lista para incorporarse ós adestramentos regulares.

Pola súa banda, o grupo de cadetes que se adestran coa instrutora coma esparrin celebraron que sobreviviron ó WOD inaugural.


15′ AMRAP
10 PUSH-UPS
20 ABS
30 SQUATS
40 BACK EXTENSIONS (cos pés los aferrados ó macuto)
PASEO CON MACUTO (andar/correr ata Villa Argelia, volver, coller pinza no tendal e regresar á base de operacións)
¡Vémonos o mércores!
🖼️ Imaxe real do noso campo. 📷 Julia Márquez.
Graciñas por interesarte polas nosas actividades. O luns 13 de xullo abrimos oficialmente o noso bootcamp a nov@s recrutas. 🏃🏃♀️
Neste sitio web pódese obter máis información sobre esta forma de facer exercicio físico, quen dirixe a actividade, os horarios e prezos e outros datos que poden resultarche relevantes. Pode accederse a toda esa información por medio do menú de arriba. 👆
Esperamos que te unas á nosa tropa. 🙌