*INICIALMENTE CONVOCADA PARA O LUNS 26 DE ABRIL, FOI ADIADA POLO APAGAMENTO ELÉCTRICO XERAL NA PENÍNSULA IBÉRICA DESE DÍA Ó LUNS 12 DE MAIO. XA REFLECTIDO NA PRESENTE CONVOCATORIA*
Prezados/as membros da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp:
Pola presente notificación convócovos á asemblea xeral ordinaria da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp.
Tense previsto que dita asemblea se celebre o vindeiro 12 de maio (luns) ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, na sede da asociación: o noso lugar habitual de adestramentos, situado no lugar de Torrevella, número 10 da parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra.
Así mesmo, poderase participar conectándose por medios electrónicos (teléfono, mensaxería instantánea, videoconferencia) que permitan identificar ás persoas participantes.
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Memoria de actividades do ano 2024.
- Balance de ingresos e gastos de 2024 e o que levamos de 2025.
- Altas e baixas de membros da asociación.
- Votación da continuación / substitución de membros da xunta directiva.
- Orzamento para 2025 e votación de propostas para programar actividades.
- Rogos e preguntas.
Dados os temas para tratar, rógovos encarecidamente a vosa asistencia á asemblea, pois acordos adoptados obrigarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.
Se a alguén lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutra persoa membro da asociación expresándoo explicitamente de xeito que se poda corroborar a súa identidade.
Aproveito a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.
A presidenta
