Un ano máis, celebramos a fin dun ano e a entrada doutro reuníndonos reclutas e fans de Tenorio Rural Bootcamp para correr unha maratón en equipo sumando distancias.
Este ano, nunha hora conseguimos sumar 68,06 km entre todas as persoas que participamos.
Igual que o ano pasado, celebramos o Nadal cun WOD especial que emula a estrutura da panxoliña anglosaxona “12 Days of Christmas”. Será ás 16:30 para que vos dea tempo a preparar a cea de Noiteboa.
Lembrade que o venres 31 faremos unha xuntanza a modo de San Silvestre para tentar sumar 84,390 km (a distancia de dúas carreiras maratón) entre todo o mundo que participe. Haberá agasallos, comida e non se contabilizará como clase consumida dos vosos paquetes de clases.
WOD TRB 24.12.2020
Especial 12 Días de Nadal
1 Burpee 2 Flexións 3 Abdominais 4 Agachamentos con macuto ou botellas 5 Dislocacións con pau 6 Zancadas saltadas 7 Thrusters con neumático 8 Elevacións de pernas en carpa aberta 9 Saltos ó neumático 10 Jumping jacks 11 Pesos mortos con 40-60 kg 12 Swings con pesa rusa
Para celebrar o “Día da Saúde” oficioso tanto se nos tocou a lotería como se non, imos facer un dos WODs máis desafiantes de Tenorio Rural Bootcamp: “Bárbara“.
En decembro do ano pasado, para celebrar o aniversario de Bárbara, unha das nosas reclutas fundadoras (aínda que agora se está a tomar un descanso…), adaptamos o célebre WOD de CrossFit “Barbara” e xeramos a nosa propia versión.
Aquelas persoas que xa o fixeran, poden comparar desta vez os resultados. Melloramos dun xeito ou outro, ¿non si? Quen non, proba a ver que tal. Sempre é unha ledicia rematalo.
WOD TRB 22.12.2021
5 Rondas por tempo:
20 Vela-pinchacarneiro-salto 30 Remo con goma 40 Abdominais 50 Agachamentos 3 Minutos de descanso