Prezados/as membros:
Éme moi grato convocarvos á asemblea xeral ordinaria da Asociación Deportiva, Ecoturística, Cultural e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp.
Tense previsto que dita asemblea se celebre o vindeiro 22 de febreiro (xoves) ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas en segunda convocatoria, na sede da asociación: o noso lugar habitual de adestramentos situado no lugar de Torrevella, número 10 da parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra.
Así mesmo, poderase participar conectándose por medios electrónicos (teléfono, mensaxería instantánea, videoconferencia) que permitan identificar ás persoas participantes.
ORDE DO DÍA:
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.
- Memoria de actividades do ano 2023.
- Balance de ingresos e gastos de 2023.
- Altas e baixas de membros da asociación.
- Votación da continuación / substitución de membros da xunta directiva.
- Orzamento para 2024 e votación de propostas para programar actividades.
- Rogos e preguntas.
Dados os temas para tratar, prégovos encarecidamente que asistades á asemblea, pois os acordos adoptados afectarán a todas as persoas asociadas, incluso as non asistentes.
Se a alguén lle é imposible acudir, pode delegar a súa representación noutra persoa membro da asociación expresándoo explicitamente de xeito que se poida corroborar a súa identidade.
Aproveito a ocasión para enviarvos un cordial saúdo.
A presidenta
