WOD TRB do 23 de decembro de 2020

Preparamos o Nadal cun WOD especial que emula a estrutura da panxoliña anglosaxona “12 Days of Christmas”. 🎄

Lembrade que o domingo 27 faremos unha xuntanza para tentar sumar 42,195 km (a distancia dunha carreira maratón) entre todo o mundo que participe. Haberá agasallos, comida e non se contabilizará como clase consumida dos vosos paquetes de clases. 😊 🏃 👟

WOD TRB 23.12.2020

Especial 12 Días de Nadal

1 Burpee
2 Flexións
3 Abdominais
4 Agachamentos con macuto ou botellas
5 Dislocacións de goma en prono
6 Zancadas cara atrás
7 Jumping Jacks
8 Elevacións de pernas en carpa aberta
9 Saltos ó neumático
10 Torsións rusas con neumático
11 Tríceps con neumático
12 Batidas de neumático

WOD TRB do 7 de decembro de 2020

WOD estritamente cotocerdense debido ás restricións… Volven os AMRAP, pero desta vez, por capítulos. 🙃 Este, coma o do pasado venres, tamén é un WOD tributo: está dedicado ás persoas que traballan na sanidade durante a pandemia por COVID-19. Máis información.

Na imaxe vese a versión orixinal. Nós faremos a variante TRB. 💪

WOD TRB 07.12.2020

AMRAP en 17 minutos:

Dende 00:00 a 06:00

20 Agachamentos
19 Burpees

5 minutos de descanso

Dende 11:00 a 17:00
24 Aperturas de peito con goma
7 elevacións de pernas en carpa pechada dun lado a outro pasando polo centro