WOD TRB do 23 de decembro de 2020

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

Preparamos o Nadal cun WOD especial que emula a estrutura da panxoliña anglosaxona «12 Days of Christmas». 🎄

Lembrade que o domingo 27 faremos unha xuntanza para tentar sumar 42,195 km (a distancia dunha carreira maratón) entre todo o mundo que participe. Haberá agasallos, comida e non se contabilizará como clase consumida dos vosos paquetes de clases. 😊 🏃 👟

WOD TRB 23.12.2020

Especial 12 Días de Nadal

1 Burpee
2 Flexións
3 Abdominais
4 Agachamentos con macuto ou botellas
5 Dislocacións de goma en prono
6 Zancadas cara atrás
7 Jumping Jacks
8 Elevacións de pernas en carpa aberta
9 Saltos ó neumático
10 Torsións rusas con neumático
11 Tríceps con neumático
12 Batidas de neumático

WOD TRB do 15 de decembro de 2020

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

Hoxe é o aniversario dunha das nosas reclutas veteranas: Bárbara. 🎂

Adaptamos, pois, o célebre WOD de CrossFit «Barbara» e xeramos a nosa propia versión: «Bárbara». 💪

WOD TRB 15.12.2020

5 Rondas por tempo:

20 Vela-pinchacarneiro-salto
30 Remo con goma
40 Abdominais
50 Agachamentos
3 Minutos de descanso

WOD TRB do 10 de decembro de 2020

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

«Annie» é un dos WODs máis famosos do mundo do adestramento funcional de alta intensidade, e Ani é unha das nosas reclutas habituais, que ademais onte estivo de aniversario. 🎂

«Ani on fire» é a adaptación de Tenorio Rural Bootcamp de este popular WOD.

WOD TRB 10.12.2020

50-40-30-20-10

Burpees
Sit-ups

WOD TRB do 7 de decembro de 2020

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

WOD estritamente cotocerdense debido ás restricións… Volven os AMRAP, pero desta vez, por capítulos. 🙃 Este, coma o do pasado venres, tamén é un WOD tributo: está dedicado ás persoas que traballan na sanidade durante a pandemia por COVID-19. Máis información.

Na imaxe vese a versión orixinal. Nós faremos a variante TRB. 💪

WOD TRB 07.12.2020

AMRAP en 17 minutos:

Dende 00:00 a 06:00

20 Agachamentos
19 Burpees

5 minutos de descanso

Dende 11:00 a 17:00
24 Aperturas de peito con goma
7 elevacións de pernas en carpa pechada dun lado a outro pasando polo centro