WOD TRB do 15 de febreiro de 2021

Desfile-WOD do luns de Antroido aproveitando o bo tempo. 🥳

WOD TRB 15.02.2021

Desfile-WOD de Antroido
Todo con máscara.
Esperamos a que rematen @s colegas antes de volver cada vez

1) Ir ó campo da festa co neumático
2) Subir ó palco e facer 25 presses estrictos co neumático
3) Volver ó cuartel xeral co neumático

1) Ir ó campo da festa co macuto
2) Subir ó palco e facer 50 agachamentos co macuto
3) Volver ó cuartel xeral co macuto

1) Ir ó campo da festa coa comba
2) Subir ó palco e facer 50 DU ou 100 S/U
3) Volver ó cuartel xeral coa comba e bailar samba

WOD TRB do 27 de xaneiro de 2021

Hoxe é o primeiro día no que entran en vigor as novas restricións de Galicia para tentar controlar a pandemia de COVID-19 e que limita considerablemente a práctica de exercicio físico, polo que bastantes de vós non poderedes vir dalo todo presencialmente ata novo aviso.

Para que sigades activ@s, ofrézovos para hoxe unha das primeiras sesións online que tivemos algunhas das persoas que hoxe se adestran regularmente con Tenorio Rural Bootcamp alá por abril, cando estabamos todo o mundo na casa.

Podedes (e recoméndovos) facer o noso quecemento oficial a cuberto antes de empezar.

WOD TRB 27.01.2020

Tabatas:

Tabata 1:
Burpees
Agachamentos
Zancadas saltadas
YWTA

-20 dislocacións de ombros con goma ou pau –

Tabata 2:
Hollow rock
V-up (ou tuck-up, ou abdominais bolboreta)
Metrónomos
Supermán rock

As cancións que usamos son de: https://www.youtube.com/user/TabataSongs

Recomendo facer logo estes exercicios de pés e estiramentos: