O domingo 4 de outubro de 2026, bastantes persoas amigas de Tenorio Rural Bootcamp participaron un ano máis na Marcha contra o Cancro organizada pola delegación en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.
Ó contrario que en edicións anteriores, desta vez a asociación non arranxou oficialmente a súa participación nesta carreira popular, pero algunhas persoas que marcharon ou correron connosco outros anos inscribíronse por propia iniciativa facendo figurar a súa afiliación a Tenorio Rural Bootcamp de xeito espontáneo. ¡Grazas! 💖
Agradecemos que, a pesar de non ter organizado nada pola nosa parte, tanta xente se apuntase para promover a investigación contra o cancro.
Esperamos poder reactivar proximamente as iniciativas da asociación Tenorio Rural Bootcamp, que este ano decaíron un pouco, para aproveitar tanto entusiasmo espontáneo.
Velaquí vos deixamos algunhas fotografías do grupo que se formou con xente achegada a Tenorio Rural Bootcamp:
Imaxes tomadas por nós
¡Sodes moi grandes! 🙌🏼















