Este ano, as nosas apretadas axendas provocaron que só unha pequena representación das reclutas e amigas de Tenorio Rural Bootcamp acudisen á edición de este ano da Carreira da Muller de Pontevedra, pero as que se presentaron volcaron na súa participación a ilusión do grupo e correron por todas e pola causa (investigación do cancro).
Organizada por quinto ano consecutivo polo Diario de Pontevedra a través da súa agrupación deportiva HQR!, celebrouse o sábado 23 de maio á noitiña, horario habitual dende 2024.
O tempo atmosférico acompañou e conseguiuse unha marca histórica de participación.
Nesta edición, a madriña da carreira foi Ester Navarrete, maratonista olímpica viguesa.
A continuación, algunhas imaxes da participación de Tenorio Rural Bootcamp na V Carreira da Muller de Pontevedra:




Agradecemos ás mulleres que se animaron a participar na carreira con Tenorio Rural Bootcamp e esperamos volver moitas máis en 2027. 💖💪🏼
