Clase maxistral con Álvaro Montesinos o venres 3 de setembro

O venres 3 de setembro ás 20 horas teremos a fortuna de contar co exseleccionador nacional de ximnasia artística masculina e ximnasta olímpico en Seúl 1988 Álvaro Montesinos para impartir unha clase maxistral de ximnasia artística.

Faremos un quecemento xeral para elementos ximnásticos e outros máis específicos para practicar seguidamente rolos adiante e verticais (pinos 🤸🌲).

Para a xente apuntada ó bootcamp non ten custo adicional. Se alguén de fóra do bootcamp quere participar, pode pedir información por mensaxe privada.

¡Vémonos! 🙌🏼

Deixa unha resposta