WOD TRB do 24 de decembro de 2021

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

Igual que o ano pasado, celebramos o Nadal cun WOD especial que emula a estrutura da panxoliña anglosaxona «12 Days of Christmas». 🎄 Será ás 16:30 para que vos dea tempo a preparar a cea de Noiteboa. 😉

Lembrade que o venres 31 faremos unha xuntanza a modo de San Silvestre para tentar sumar 84,390 km (a distancia de dúas carreiras maratón) entre todo o mundo que participe. Haberá agasallos, comida e non se contabilizará como clase consumida dos vosos paquetes de clases. 😊🎄🏃 👟

WOD TRB 24.12.2020

Especial 12 Días de Nadal

1 Burpee
2 Flexións
3 Abdominais
4 Agachamentos con macuto ou botellas
5 Dislocacións con pau
6 Zancadas saltadas
7 Thrusters con neumático
8 Elevacións de pernas en carpa aberta
9 Saltos ó neumático
10 Jumping jacks
11 Pesos mortos con 40-60 kg
12 Swings con pesa rusa

WOD TRB do 22 de decembro de 2021

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

Para celebrar o «Día da Saúde» oficioso tanto se nos tocou a lotería como se non, imos facer un dos WODs máis desafiantes de Tenorio Rural Bootcamp: «Bárbara«.

En decembro do ano pasado, para celebrar o aniversario de Bárbara, unha das nosas reclutas fundadoras (aínda que agora se está a tomar un descanso…), adaptamos o célebre WOD de CrossFit «Barbara» e xeramos a nosa propia versión. 💪

Aquelas persoas que xa o fixeran, poden comparar desta vez os resultados. Melloramos dun xeito ou outro, ¿non si? 🎉 Quen non, proba a ver que tal. Sempre é unha ledicia rematalo.

WOD TRB 22.12.2021

5 Rondas por tempo:

20 Vela-pinchacarneiro-salto
30 Remo con goma
40 Abdominais
50 Agachamentos
3 Minutos de descanso

Resultados do ano pasado

A profe botando os fígados facéndoo na casa

WOD TRB do 14 de decembro de 2021

Disculpa, pero esta entrada está disponible sólo en galego.

Agora que xa temos a estrutura de levantamento de peso no cuartel xeral en Torrevella 10, imos aproveitala. 🙌

WOD TRB 10.12.2021

5 Rondas (por calidade)

6 Pesos mortos (entre 40 e 60 kg)
5 Dominadas (flexións colgantes)
20 Abdominais

Tabata «rematador»

Velaquí o «tabata rematador»: