Clase maxistral con Álvaro Montesinos o venres 3 de setembro

O venres 3 de setembro ás 20 horas teremos a fortuna de contar co exseleccionador nacional de ximnasia artística masculina e ximnasta olímpico en Seúl 1988 Álvaro Montesinos para impartir unha clase maxistral de ximnasia artística.

Faremos un quecemento xeral para elementos ximnásticos e outros máis específicos para practicar seguidamente rolos adiante e verticais (pinos 🤸🌲).

Para a xente apuntada ó bootcamp non ten custo adicional. Se alguén de fóra do bootcamp quere participar, pode pedir información por mensaxe privada.

¡Vémonos! 🙌🏼

WOD TRB do 30 de agosto de 2021

Este WOD heroico está dedicado ó policía Christopher Mark Goodell, do pobo de Waldwick, Nova Jersey (Estados Unidos), que morreu o 17 de xullo de 2014 nun accidente de tráfico.

O nome do WOD é “Hey Buddy“.

WOD TRB 30.8.2021

“Hey Buddy”

Ida e volta á Villa Argelia

5 Rondas de:
10 Zancadas
10 Agachamentos
10 Abdominais bolboreta
8 Burpees

Ida e volta á Villa Argelia