O pasado domingo 9 de novembro, a nosa socia Ani Estévez participou con membros da súa familia na primeira edición de “Kilómetros pola ELA” a beneficio da Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Amiotrófica (Agaela).

O obxectivo era camiñar entre Arcade e Pontevedra a través do Camiño de Santiago para concienciar sobre a ELA e recaudar fondos para axudar ás persoas afectadas por esta enfermidade e ós seus achegados.
“Kilómetros pola ELA” é unha iniciativa da Guardia Civil de Pontevedra, en colaboración nesta edición coa Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Amiotrófica (Agaela), que nace coa finalidade de dedicarse cada ano a unha causa solidaria recorrendo traxectos do Camiño de Santiago.
Na primeira edición recorréronse os 14 km da etapa Arcade-Pontevedra que comeza na senda litoral da praia de Arcade e pasa pola ponte medieval de Ponte Sampaio.
Foi unha marcha aberta á que se podía inscribir calquera cun custo de dez euros que foron destinados integramente a Agaela. Tamén estivo aberta unha fila cero para recadar fondos para a causa.
Moitas grazas á nosa membro asociada Ani por ter participado nesta iniciativa. Esperamos poder unirnos máis membros da asociación na próxima edición. 🙌🏻
