WOD TRB do 30 de maio de 2022

O último luns de maio de cada ano celébrase o Día de Murph. Un día no que se rememora a figura do soldado estadounidense caído en combate Michael P. Murphy facendo un WOD adicado a el.

En Tenorio Rural Bootcamp, como non dispoñemos de estruturas para colgarnos e facer dominadas (“pull ups” ou flexións colgantes de brazos), adaptámolo ás nosas circunstancias e facemos o Murph TRB. O WOD de 2022 difire lixeiramente do que fixemos en 2021.

Un brindis con auga á súa memoria e á nosa saúde. 🥤

Abaixo deixamos imaxes do que deu de si a nosa xornada.

WOD TRB 30.5.2022

Murph TRB

Ida e volta á mercería x 2

A repartir como se prefira:

100 Flexións / Press con neumático
200 Abdominais
300 Agachamentos

Ida e volta á mercería x 2

Michael P. Murphy
Michael P. Murphy

Deixa unha resposta