Celebramos cunha andaina nocturna a noite dos Reis Magos.
¡Moito bootcamp de agasallo!
Celebramos cunha andaina nocturna a noite dos Reis Magos.
¡Moito bootcamp de agasallo!
Un ano máis, celebramos a fin dun ano e a entrada doutro reuníndonos reclutas e fans de Tenorio Rural Bootcamp para correr unha maratón en equipo sumando distancias.
Este ano, nunha hora conseguimos sumar 68,06 km entre todas as persoas que participamos.

Hoxe celebramos o aniversario da adestradora (que cumpre anos mañá; quen os cumpre hoxe é Jorge) dando unha carreiriña por Covas antes de que chegase a choiva
e cuns agachamentos na estrutura de levantamento de peso en Penedique.
E logo, a merenda (grazas, Viviana, pola foto).

Hoxe, a modo de celebración de Nadal e carreira de San Silvestre, un bo número de reclutas de Tenorio Rural Bootcamp e fans reuníronse para correr unha maratón en equipo sumando distancias.
En menos dunha hora conseguimos sumar 74,09 km entre todas as persoas que participamos, e a xornada nos deixou estampas inesquecibles. Aquí publicamos algunhas para a posteridade:












¡Boas festas e feliz 2021!