Asociación

A Asociación Deportiva, Cultural, Ecoturística e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp estableceuse en maio de 2023 a partir da empresa Tenorio Rural Bootcamp, que naceu para atender as necesidades de exercicio físico dun grupo de persoas durante a pandemia da COVID-19.

Tenorio Rural Bootcamp é agora unha asociación sen ánimo de lucro con sede na parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, España.

Está inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia co número 2025/27297-1 e o seu CIF é G13866272.

Fins da asociación

Son fins principais da asociación:

  1. Difundir e facilitar a práctica de exercicio físico, concretamente do chamado adestramento funcional.
  2. Promover a participación en probas e eventos deportivos.
  3. Cooperar no mantemento e posta en valor do patrimonio cultural da nosa contorna.
  4. Impulsar o respecto polo medio ambiente.
  5. Xerar alternativas de ocio e tempo libre.
  6. Fomentar o espírito de solidariedade e apoio mutuo entre os membros da asociación entre si e tamén con outros membros da nosa veciñanza.
  7. Cooperar con entidades públicas e privadas e individuos con valores e intereses similares ós da nosa asociación.

Estatutos

Poden consultarse os estatutos da asociación no seguinte documento: Acta_fundacional_e_Estatutos_Asociacion_Tenorio_Rural_Bootcamp_web.pdf

Asociarse

Se tes interese en axudar a conseguir os fins da asociación e queres formar parte dela, non tes máis que comentalo para que estudemos a túa admisión. Por favor, le os nosos estatutos para comprobar que compartes os nosos valores.

A cota actual son 60 EUR anuais para adultos (pode pagarse mensualmente, trimestralmente ou semestralmente) e gratis para menores de idade.

Os menores de idade entre 14 e 17 anos poden ser membros da asociación autorizados polos seus representantes legais. Os menores de idade de 0 a 13 anos non poden ser socios, pero poden desfrutar das vantaxes de ser membro da asociación se algunha das persoas responsables da súa tutela é socia da asociación.

Métodos de pagamento

Poden facerse os pagamentos vía Bizum, transferencia bancaria ou PayPal:

📲 Bizum: 683602057

🏦 Conta bancaria (ING): ES08 1465 0100 93 17 5540 1707

Financiamento

As fontes de financiamento da asociación son as cotas dos seus membros e as doazóns de persoas e entidades benfeitoras.

Se queres colaborar cos nosos fins achegando unha doazón, podes facelo a través da nosa páxina de doazóns. ¡Grazas!

Actividades

Próximos eventos

Non Eventos

Memoria de actividades

Transparencia

Os nosos ingresos e gastos en 2025

Todas as cantidades exprésanse en euros (EUR €).

DatasConceptoImporte €Saldo €
01/01/2025Saldo anterior676,02676,02
02/02/2025Cota semestral PCP e GGM60,00736,02
02/02/2025Cota anual CMJ60,00796,02
02/02/2025Cota anual AMF e PMQ120,00916,02
02/02/2025Cota anual MCJJ60,00976,02
02/02/2025Cota anual PPC60,001036,02
02/02/2025Cota anual JJJ60,001096,02
02/02/2025Cota mensual CFG5,001101,02
04/01/2025Cota anual e doazón BMF67,621168,64
03/02/2025Cota 1º trimestre AEM15,001183,64
06/02/2025Doazón CMJ66,361250,00
06/02/2025Cota mensual CFG5,001255,00
10/02/2025Cota trimestral (xaneiro-marzo) ARC e mensual M20,001275,00
11/02/2025Pago taxas inscrición asociación rexistro autonómico-38,351236,65
13/02/2025Cota mensual RMPI5,001241,65
18/02/2025Pago en AliExpress por 3 bandeiras do bootcamp-23,131218,52
01/03/2025Cota mensual CFG5,001223,52
10/03/2025Doazón FAI76,481300,00
21/03/2025Cota mensual RMPI5,001305,00
01/04/2025Cota anual SMJ60,001365,00
01/04/2025Compra bicicleta estática-80,001285,00
02/04/2025Cota anual EFI60,001345,00
02/04/2025Cota anual RFA60,001405,00
02/04/2025Cota mensual CFG5,001410,00
12/04/2025Cota mensual MMAF5,001415,00
04/05/2025Cota mensual CFG5,001327,50
10/05/2025Cota 2º trimestre ARC15,001342,50
11/05/2025Cota 2º trimestre AEM15,001362,50
11/05/2025Doazón AEM5,001362,50
12/05/2025Cota abril e maio RMPI10,001372,50
01/06/2025Pago en Albergue Albor Caldas de Reis-121,001251,50
01/06/2025Cota mensual MMAF5,001256,50
02/06/2025Pago en hotel Camiño da Vieira-125,001131,50
05/06/2025Cotas de AFG e BNI de maio a setembro50,001181,50
08/06/2025Cota mensual CFG5,001186,50
09/06/2025Doazón BMF60,001246,50
01/07/2025Cota mensual CFG5,001251,50
02/07/2025Cota 2º semestre MMAF30,001281,50
02/07/2025Cota 2º semestre PCP e GGM60,001341,50
04/08/2025Cota 3º trimestre ARC15,001356,50
06/08/2025Cota mensual CFG5,001361,50
21/08/2025Devolución hotel Camiño da Vieira125,001486,50
02/09/2025Doazón JJJ50,001536,50
02/09/2025Doazón BMF30,001566,50
02/09/2025Cota mensual CFG5,001571,50
02/09/2025Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra-209,071362,43
03/09/2025Devolución Albergue Albor121,001483,43
03/09/2025Doazón MMAF7,001490,43
03/09/2025Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra-20,961469,47
04/09/2025Cota mensual MPM5,001474,47
04/09/2025Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra-42,371432,10
06/08/2025Doazón CMJ500,001662,10
08/09/2025Compra de material en BoxPT para peso libre-854,151077,90
30/09/2025Doazón das irmás RQ45,001112,95
01/10/2025Cota mensual CFG5,001117,95
01/10/2025Cota mensual MPM5,001122,95
07/10/2025Cota 4º trimestre NGP15,001137,95

Documentos xustificativos

Dispoñibles para quen os solicite.