A Asociación Deportiva, Cultural, Ecoturística e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp estableceuse en maio de 2023 a partir da empresa Tenorio Rural Bootcamp, que naceu para atender as necesidades de exercicio físico dun grupo de persoas durante a pandemia da COVID-19.
Tenorio Rural Bootcamp é agora unha asociación sen ánimo de lucro con sede na parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, España.
Está inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia co número 2025/27297-1 e o seu CIF é G13866272.
Fins da asociación
Son fins principais da asociación:
- Difundir e facilitar a práctica de exercicio físico, concretamente do chamado adestramento funcional.
- Promover a participación en probas e eventos deportivos.
- Cooperar no mantemento e posta en valor do patrimonio cultural da nosa contorna.
- Impulsar o respecto polo medio ambiente.
- Xerar alternativas de ocio e tempo libre.
- Fomentar o espírito de solidariedade e apoio mutuo entre os membros da asociación entre si e tamén con outros membros da nosa veciñanza.
- Cooperar con entidades públicas e privadas e individuos con valores e intereses similares ós da nosa asociación.
Estatutos
Poden consultarse os estatutos da asociación no seguinte documento: Acta_fundacional_e_Estatutos_Asociacion_Tenorio_Rural_Bootcamp_web.pdf
Asociarse
Se tes interese en axudar a conseguir os fins da asociación e queres formar parte dela, non tes máis que comentalo para que estudemos a túa admisión. Por favor, le os nosos estatutos para comprobar que compartes os nosos valores.
A cota actual son 60 EUR anuais para adultos (pode pagarse mensualmente, trimestralmente ou semestralmente) e gratis para menores de idade.
Os menores de idade entre 14 e 17 anos poden ser membros da asociación autorizados polos seus representantes legais. Os menores de idade de 0 a 13 anos non poden ser socios, pero poden desfrutar das vantaxes de ser membro da asociación se algunha das persoas responsables da súa tutela é socia da asociación.
Métodos de pagamento
Poden facerse os pagamentos vía Bizum, transferencia bancaria ou PayPal:
📲 Bizum: 683602057
🏦 Conta bancaria (ING): ES08 1465 0100 93 17 5540 1707
💸 PayPal: https://paypal.me/tenorioruralbootcamp
Financiamento
As fontes de financiamento da asociación son as cotas dos seus membros e as doazóns de persoas e entidades benfeitoras.
Se queres colaborar cos nosos fins achegando unha doazón, podes facelo a través da nosa páxina de doazóns. ¡Grazas!
Actividades
Próximos eventos
Memoria de actividades
Transparencia
Os nosos ingresos e gastos en 2025
Todas as cantidades exprésanse en euros (EUR €).
| Datas | Concepto | Importe € | Saldo € |
|---|---|---|---|
| 01/01/2025 | Saldo anterior | 676,02 | 676,02 |
| 02/02/2025 | Cota semestral PCP e GGM | 60,00 | 736,02 |
| 02/02/2025 | Cota anual CMJ | 60,00 | 796,02 |
| 02/02/2025 | Cota anual AMF e PMQ | 120,00 | 916,02 |
| 02/02/2025 | Cota anual MCJJ | 60,00 | 976,02 |
| 02/02/2025 | Cota anual PPC | 60,00 | 1036,02 |
| 02/02/2025 | Cota anual JJJ | 60,00 | 1096,02 |
| 02/02/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1101,02 |
| 04/01/2025 | Cota anual e doazón BMF | 67,62 | 1168,64 |
| 03/02/2025 | Cota 1º trimestre AEM | 15,00 | 1183,64 |
| 06/02/2025 | Doazón CMJ | 66,36 | 1250,00 |
| 06/02/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1255,00 |
| 10/02/2025 | Cota trimestral (xaneiro-marzo) ARC e mensual M | 20,00 | 1275,00 |
| 11/02/2025 | Pago taxas inscrición asociación rexistro autonómico | -38,35 | 1236,65 |
| 13/02/2025 | Cota mensual RMPI | 5,00 | 1241,65 |
| 18/02/2025 | Pago en AliExpress por 3 bandeiras do bootcamp | -23,13 | 1218,52 |
| 01/03/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1223,52 |
| 10/03/2025 | Doazón FAI | 76,48 | 1300,00 |
| 21/03/2025 | Cota mensual RMPI | 5,00 | 1305,00 |
| 01/04/2025 | Cota anual SMJ | 60,00 | 1365,00 |
| 01/04/2025 | Compra bicicleta estática | -80,00 | 1285,00 |
| 02/04/2025 | Cota anual EFI | 60,00 | 1345,00 |
| 02/04/2025 | Cota anual RFA | 60,00 | 1405,00 |
| 02/04/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1410,00 |
| 12/04/2025 | Cota mensual MMAF | 5,00 | 1415,00 |
| 04/05/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1327,50 |
| 10/05/2025 | Cota 2º trimestre ARC | 15,00 | 1342,50 |
| 11/05/2025 | Cota 2º trimestre AEM | 15,00 | 1362,50 |
| 11/05/2025 | Doazón AEM | 5,00 | 1362,50 |
| 12/05/2025 | Cota abril e maio RMPI | 10,00 | 1372,50 |
| 01/06/2025 | Pago en Albergue Albor Caldas de Reis | -121,00 | 1251,50 |
| 01/06/2025 | Cota mensual MMAF | 5,00 | 1256,50 |
| 02/06/2025 | Pago en hotel Camiño da Vieira | -125,00 | 1131,50 |
| 05/06/2025 | Cotas de AFG e BNI de maio a setembro | 50,00 | 1181,50 |
| 08/06/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1186,50 |
| 09/06/2025 | Doazón BMF | 60,00 | 1246,50 |
| 01/07/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1251,50 |
| 02/07/2025 | Cota 2º semestre MMAF | 30,00 | 1281,50 |
| 02/07/2025 | Cota 2º semestre PCP e GGM | 60,00 | 1341,50 |
| 04/08/2025 | Cota 3º trimestre ARC | 15,00 | 1356,50 |
| 06/08/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1361,50 |
| 21/08/2025 | Devolución hotel Camiño da Vieira | 125,00 | 1486,50 |
| 02/09/2025 | Doazón JJJ | 50,00 | 1536,50 |
| 02/09/2025 | Doazón BMF | 30,00 | 1566,50 |
| 02/09/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1571,50 |
| 02/09/2025 | Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra | -209,07 | 1362,43 |
| 03/09/2025 | Devolución Albergue Albor | 121,00 | 1483,43 |
| 03/09/2025 | Doazón MMAF | 7,00 | 1490,43 |
| 03/09/2025 | Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra | -20,96 | 1469,47 |
| 04/09/2025 | Cota mensual MPM | 5,00 | 1474,47 |
| 04/09/2025 | Pago inscricións VII Marcha contra o cancro Pontevedra | -42,37 | 1432,10 |
| 06/08/2025 | Doazón CMJ | 500,00 | 1662,10 |
| 08/09/2025 | Compra de material en BoxPT para peso libre | -854,15 | 1077,90 |
| 30/09/2025 | Doazón das irmás RQ | 45,00 | 1112,95 |
| 01/10/2025 | Cota mensual CFG | 5,00 | 1117,95 |
| 01/10/2025 | Cota mensual MPM | 5,00 | 1122,95 |
| 07/10/2025 | Cota 4º trimestre NGP | 15,00 | 1137,95 |
Documentos xustificativos
Dispoñibles para quen os solicite.
