O sábado 1 de xullo pola tarde faremos unha camiñata que inclúe recollida de lixo dende Tenorio ata a piscina fluvial de Cabanelas (Viascón). Saímos ás 17 horas dende a sede do bootcamp pasando polo mosteiro.
A participación é de balde e aberta a persoas asociadas e non asociadas. As bolsas, luvas e algún refrixerio corren a cargo da asociación, pero se alguén quere facer algunha doazón, sempre é benvida. 😊
¡Non esquezades o bañador para a piscina fluvial!
